Unha nova “Xeración Abrente"

photo_camera Fran Godón, ante su obra "Diante do espello"

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia reservou onte espazo para a presentación da obra gañadora do premio de textos teatrais do pasado ano e dar a coñecer ó gañador da edición de 2014 

Como un neno con zapatos novos". Así aseguraba sentirse Fran Godón ayer por la mañana, en el transcurso de la presentación de su libro "Diante do espello", la obra ganadora del premio de textos teatrales convocado por la Mostra Internacional de Teatro en 2013. La satisfacción de Fran Godón era doble, ya que la obra se iba a poner en escena en la Mostra esa misma tarde.

O actor e director teatral, sinalaba que estaba vivindo un día moi especial “ con moita ilusión" e amosaba a súa esperanza no teatro galego, sinte que está moi vivo con “xente nova e con moitas ideas e sobre todo con ánimo para seguir adiante e crear, facer teatro e contar historias”.

Nun sentido moi parecido se expresaba o director da Mostra, Roberto Pascual, quien sinalaba que “estamos asistindo a unha nova Xeración Abrente”, xa que tanto Fran Godón como os premiados noutras edicións comparten características moi similares: todos eles están moi preparados é cunha gran proxeción fóra de Galicia.

O alcalde de Ribadavía, Marcos Blanco, considera que este premio é fundamental “unha volta as raíces do que era o teatro galego de “Abrente¨”, estamos a falar dun evento para ensinar e tamén crear”.

O público unha vez mais apoiou as novas postas en escea e pola tarde acudiu a Igrexa da Madalena para ver a montaxe teatral desta obra da man de “Uttópico Teatro” e protagonizada por Vanesa Sotelo e Yelena Molina.

Tamén onte a MIT deu a coñecer o nome na obra gañadora do “Premio Abrente de textos Teatrais 2014”, o xurado do galardón deste ano decidiu por unanimidade conceder o premio a “Steet Art Symphony”, do actor e dramaturgo ourensán Fernando Epelde. sinala o xurado que a obra "conta unha historia na que se exponen algunhas das situacións conflitivas da sociedade do presente, como o aillamento ou a distinta perspectiva xeracional” .O xurado tamén destaca a utilización das novas formas de interrelación entre persoas na contemporaneidade para que o lector-espectador poida apreciar a transformación vital dun personaxe.

Programa para hoxe

Continúa hoxe a programación da MIT cunha programación adicada a todolos gustos. O SputMIT leva a Francelos o espectáculo de improvisación teatral ‘ Improperio D.F operación Ribadavia’ de ‘ Triateros grupo de teatro’ , será as oito da tarde.

O auditorio do Castelo acollerá ás 23:00 horas a obra ‘Alemania’, da agrupación arxentina ‘Compañía Gitana – Nacho Ciatti’, gañadora do Premio Trinidad Guevara (revelación autor/ director). A noite de hoxe contará coa actuación do gañador do “Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño” da Mostra deste ano, Cándido Pazó, que porá en escena “Decamerón, historias para tempos ruíns”. Será no Adro de Santiago a 01:00.

Te puede interesar