VERANO

Papel, tesoiras e imaxinación

O Xornal Escolar de Verán é a proposta estival de La Región para os máis pequenos da casa

Detrás dun xornal están as horas de dedicación, esforzo e traballo de moitas persoas. As páxinas que pola mañá están en branco téñense que encher de información e fotografías para chegar puntuais aos kioskos ao día seguinte. 

O suplemento escolar de La Región, Xornal Escolar, pretende aproximar aos máis pequenos ao mundo xornalístico durante todo o curso a través de diversas actividades e obradoiros. Pero este ano, por primeira vez, tamén quixo propoñerlle aos rapaces de Primaria e da ESO un reto para as vacaciónsl. O Xornal Escolar de Verán consiste na elaboración por parte dos nenos e nenas da provincia do seu propio diario. Cales son as materias primas? Moi sinxelo, as páxinas en branco do Xornal escolar, os números de La Región, tixeiras e moita imaxinación. Os participantes deben escoller aquelas noticias que máis lles gusten durante o verán, para despois recortalas e comentalas. É preciso que nesa explicación se entendan os motivos da selección, así como un titular alternativa e unha opinión persoal.

En total, o xornal de deberá contar con oito páxinas e, como mínimo, unha nova de cada semana de xullo e agosto. Esta é a base, e a partir de aquí chega o máis divertido. Primeiro, crear unha noticia extra, de produción propia, sobre a localidade propia do participante. E segundo, decorar con elementos visuais  (debuxos, crucigramas, mapas do tempo, chistes,...). Unha vez finalizado, é cuestión de envialo a [email protected] ou, por correo ordinario, a Polígono Industrial San Ciprián de Viñas, rúa 4, 32901, A Zamorana, Ourense. O premio? Unha viaxe a Disneyland París para os gañadores (un de Primaria e outro da ESO) e as súas familias. 


“No verán a xogar"


Por outra parte, o programa de Telemiño "No verán a xogar" organiza durante os meses estivais diversas citas para animar aos rapaces da provincia a participar nesta actividade. 

Durante a mañá de onte, o Espacio Arboleda do barrio de A Ponte serviu como obradoiro improvisado para os numerosos participantes que se achegaron. Durante unha hora, os rapaces convertíronse en xornalistas especialistas en cuestións de local, provincia, verán e deporte. No ambiente, moita diversión, alegría e algunha que outra mención a esa posible viaxe á Disneyland. O obxectivo non era outro que o de xuntarse ao aire libre, ler o xornal e descubrir os moitos detalles incluidos dentro del que día a día pasan desapercibidos. 

A próxima cita desta actividade será durante a tarde do día 1 de agosto, no marco do campamento urbán de Amencer da capital ourensana. 

Te puede interesar