As rebaixas atraen a centos de compradores ata Allariz

photo_camera Dúas mulleres observan un posto de roupa de nenos instalado na Alameda alaricana (Foto: Miguel Ángel)

A Feira da Oportunidade, con 15 comercios, ofertou no seu primeiro día descontos de ata o 70% 

A Alameda de Allariz albergou onte a primeira das duas xornadas da "Feira da Oportunidade", organizadas pola Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Allariz coa colaboración do Concello, para animar as compras neste derradeiro fin de semana de agosto. Ata un total de 15 comercios da vila trasladaron onte os seus productos ao recinto acondicionado ao carón do río Arnoia, mudando a súa idílica estampa de espazo de esparcimento e tranquilidade por un bullicio máis propio das rebaixas. "Temos unha oferta moi variada con prezos que son auténticas gangas", subliñaba Marga Fernández, ao carón do seu posto de contos, novelas e puzzles, e asegurou que "a xente mira e pica porque os prezos son moi atractivos".

Baixo a arboleda da Alameda alaricana foron espallándose a primeira hora da mañá os diferentes postos de roupa, complementos, alimentación, delicatesen ou libros e ata alí se desplazaron centos de alaricanos e visitantes, moitos dos cales iban de camiño ao santuario dos Milagros onde onte comenzou a novena. "Aproveitamos para mercar algun regaliño para os netos", comentaban un grupo de avoas achegadas dende Pontevedra.

A opinión xeralizada da primeira xornada foi "positiva, a primera venda se produciu as dez da maña e houbo actividade todo o día a pesar de que moita xente foi a festa da istoria de Ribadavia", recoñecía Olga Ferreiro da Asociación de Comerciantes e Hostaleiros, quen subliña que "o día grande será hoxe e invitamos a tódolos ourensanos a achegarse ata Allariz para aproveitarse das nosas ofertas".

A feira alaricana vivirá hoxe o seu día forte cunha nova remesa de artítulos de primeiras marcas a prezos rebaixados que se poderán mercar de 10,00 a 22,00 horas. O obxectivo dos organizadores é atraer novos visitantes a vila no derradeiro domingo de agosto e, ao mesmo tempo, librar o stock dos almacéns de cara a vindeira temporada.

Te puede interesar