“Río e pemento forman parte dos meus recordos da infancia"

photo_camera Xesús Vázquez, Alfonso Rueda, Nava Castro y Roberto Castro

O xornalista Xosé Manuel Piñeiro pronunciou o pregón da 33 edición da Festa do Pemento de Arnoia 

"Teño que dicirvos que non é casualidade que eu estea hoxe aquí vivindo con vós este tempo de festa e gastronomía, xa que o río e o pemento forman parte dos meus mellores recordos da infancia e da adolescencia". Deste xeito abría o xornalista e comunicador Xosé Manuel Piñeiro o pregón da 33 edición da Festa do Pemento de Arnoia, que se celebrará ó longo deste fin de semana. Logo de agradecer ós organizadores o convite para exercer de pregoeiro, Piñeiro fixo fincapé no río Arnoia, "que compartimos varios concellos, entre eles o meu Allariz" e os seus recordos da nenez e xuventude á beira do río.

Lembrou pregoeiro os veráns da súa nenez, que "eran horas e horas de sol e río ata que a pel se engurraba, e se había algún aroma que o caracterizada ese era o dos pementos", explicaba Piñeiro, para engadir que "pola tardiña" baixaban as nais coa merenda, tortilla, filetes empanados, fan recén saído do forno, froita "e por suposto, unha boa ración de pementos de Arnoia, que sen probalos sequera xa sabían a gloria con tan solo cheiralos. Como a gloria saberán os que imos disfrutar nun anaquiño, os pementos fritos, recheos, en tortilla ou xelados", asegurou o pregoeiro, para concluir esta parte da súa intervención asegurando que "estou vendo que dentro de pouco vades ser quen de seguir esa moda tan en voga actualmente, e remataredes poñento unha delicatessen dos pementos de Arnoia nos sofisticados gin tonic, ós que agora lle botan de todo".

Piñeiro foi degranando as súas sensacións sobre os sons da vida ó longo das ribeiras do río, nun pregón que tivo lugar no recinto oficial da Festa, con numeroso veciños e a presencia do alcalde da localidade, José Fariñas; o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez; a directora de Turismo da Xunta, Nava Castro; e o delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez.

Piñeiro rendeu homenaxe "ós homes e mulleres que sementan e coidan do pemento de Arnoia", invitou a participar na festa e rematou amosando o "agradecemento máis grande e o orgullo de sentirme querido polo meu pobo e pola miña xente; crédeme que o cariño é mútuo, e que por onde vou presumo de ser ourensán e de pertencer a unhas terras fermosas bañadas polo noso querido río, o Arnoia. Gracias de corazón e que disfrutemos da festa e dos pementos".

Te puede interesar