OURENSE DE 5 EN 5

Suspense, amor ou thriller psicolóxico... con firma ourensá

SSS
photo_camera De esquerda a dereita, de arriba a abaixo: Marta Sebastián, Xosé Benito Reza, Daniel Cid, Juanjo Lamelas e Carlos Montero.

No verán, hai moitas máis horas para adicarlle ao lecer, e os amantes da lectura de seguro estarán desexando devorar libros. Se tes ganas de ler e non sabes o que, propoñémosche as últimas obras de cinco escritores ourensáns.

No verán, hai moitas máis horas para adicarlle ao lecer, e os amantes da lectura de seguro estarán desexando devorar libros. Se tes ganas de ler e non sabes o que, propoñémosche as últimas obras de cinco escritores ourensáns.


"Miradas perdidas", de Marta Sebastián


"Recuerdo que mi primer poema fue en verano, con unos 12 años, estando en casa de mis tíos en Baños de Molgas", contaba Sebastián nunha entrevista a este xornal. Xa na idade adulta, segue a escribir e leva publicas tres obras: "Remiendos del pasado", "Sueño de cristal" e "Miradas perdidas". A última é un thriller romántico, onde o destino xuntará os camiños de Aldara, unha escritora de éxito, e de Raúl, un detective farto do seu traballo. "Te enganchará enseguida y te llevará a experimentar un torbellino de sentimientos", opinan os lectores.


danicid_result"La gabardina azul", de Daniel Cid


O ourensán presenta unha novela negra ambientada en Vigo, onde Roberto, un adicto ao alcol e á cocaína, volve a consumir despois dun tempo limpo. Ao despertar, recibe extrañas chamadas telefónicas e vése envolto nunha serie de desaparicións, secuestros e vinganzas. Unha aventura que te atrapará nesas longas xornadas de praia.


"El desorden que dejas", de Carlos Montero


O escritor, xornalista e guionista celanovés, gañador do Premio Primavera 2016, encandilou a media España con esta novela. Trátase dun thriller psicolóxico, no que Raquel, una nova mestra que non está pasando o seu mellor momento persoal, acepta unha praza en Novariz, onde se entera que vai sustituír a unha docente que se suicidou. Recibe entón unha estraña nota: "E ti, canto vas tardas en matarte?". Sen dúbida, unha historia para ler do tirón.


juanjolamelas_result"La selva dormida", de Juanjo Lamelas


Parece que en Celanova son expertos en exportar escritores. Lamelas é todo un veterano; "La selva dormida" é o seu séptimo libro. De novo estamos fronte a unha historia na que o xogo psicolóxico é moi importante.Intriga, suspense e romanticismo nas rúas de París con Frank e Marie, dous mozos que se acaban de namorar. Pero o seu pasado irrumpirá con forza nas súas vidas.


"Terradentro", de Xosé Benito Rezaxose benito reza_result


Mediados do século XX. O avogado dunha vila galega próxima a fronteira terá que enfrontarse a tres sucesos: a morte violenta dun fidalgo, a busca nunha serra entre España e Portugal de tesouros dos moros, e a aparición da cadela do alcalde pintada de verde. 

Te puede interesar