CONCILIACIÓN FAMILIAR

O Viso tamén axuda a conciliar no verán limiáo

oviso_result
photo_camera Xornada de convivencia no "poboescola" de Lodoselo que tivo lugar este ano.

O seu programa de axuda enfócase a nenos da bisbarra sen recursos

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso poñerá en marcha o vindeiro día 1 de agosto o seu programa "Concilia no verán", que ten como obxectivo favorecer a conciliación da vida personal, familiar e laboral daqueles pais, nais ou familiares que precisen, por diferentes motivos, dun servizo de atención diurna para a tempada non lectiva de verán. Está dirixido, principalmente, a nenos de entre catro e 12 anos da comarca da Limia cuxas familias se atopen en risco de exclusión social e non poidan asumir os custos da matrícula dun campamento de verán. 

As actividades, que se desenvolverán de luns a venres en horario de 10,00 horas da mañá a 17,00 horas da tarde, serán gratuítas. O programa inclúe, ademais, liña de transporte gratuíto dende Xinzo de Limia ata Lodoselo e servizo de comedor e merenda de balde. 

Poderase solicitar toda a información pertinente nas dependencias do Centro de Desenvolvemento Rural en Xinzo de Limia, ubicadas na praza Maior. A selección das familias incluirá unha valoración social previa. Non será a única das actividades en agosto. Antes de que conclúa, CDR O Viso programará un curso de monitores de tempo libre. 

Te puede interesar