Xociviga premia 
a Rosa Álvarez 
e Enrique Acuña

photo_camera Moncho Lemos, Diego Fernández, Miguel de Cabo e Ricardo Paz, onte no Concello de Carballiño.

Celebraranse entre o 12 e o 16 de agosto, proxectando onte A Esmorga ao aire libre

As Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia 2015 (Xociviga) celébranse no Carballiño entre os días 12 e 16 deste mes de agosto. Nesta 32 edición a organización, que corre a cargo de Cine Club Carballiño, otorgou o Premio de Honra á actriz Rosa Álvarez, natural de Carballeda de Avia, pola súa dilatada traxectoria de varias décadas sobre os escenarios e máis no cine e na televisión nos seus diferentes formatos, segundo valora o xurado, "compondo unha chea de personaxes nos que deixou pegada da súa versatilidade e bon facer dramático no ámbito teatral e audiovisual de Galicia".

Por outra parte, a Insignia de Ouro foille otorgada a Xosé Enrique Acuña. Editor, xornalista e escritor. "Lleva contribuíndo á recuperación da
memoria gráfica e visual de Galiza por medio dunha traxectoria
configurada desde un amplo abano de publicacións, edicións e como comisario de exposicións fundamentais para os
procesos de restauración e posta en valor da nosa historia
contemporánea", recolle a acta do xurado da Xociviga. Tamén recorda que foi galardoado co Premio da Crítica Galicia en 2010, e é
autor de distintas obras centradas no mundo do cine e a fotografía así
como da novela “O café do Idioma”. Foi director literario de edicións
A Nosa Terra e anteriormente coordinador de Exposicións do Museo de
Pontevedra.

Entre 1987 e 1992 formou parte, como responsable de
exposicións e edicións, do equipo de dirección das Xociviga, e nese sentido, o secretario da entidade, Ricardo Paz, manifestaba o seu desexo de que volva a colaborar en futuras edicións.


XURADO

O xurado estivo composto por Eduardo Galán Blanco, cineasta, escritor, debuxante e crítico de cine; Moncho Lemos, locutor de radio e crítico de cine da CRTVG; José Prada Martínez, escritor e ex-director das Xociviga; Miguel de Cabo Ribeiro, presidente do Cine Club Carballiño, e Diego Fernández, concelleiro de Cultura, Educación, Mocidade, Normalización Lingüística e Voluntariado do Concello do Carballiño.

O salón de plenos do Carballiño acolleu onte o acto de presentación dos galardoados, contando coa presenza de Moncho Lemos, Diego Fernández, Miguel de Cabo, Ricardo Paz e José Prada.

Este foi o primeiro acto da xornada de onte, que culminaba ás 22,00 horas na Insua dos Poetas, na localidade da Esgueba, onde se proxectou a película A Esmorga ó aire libre, como preludio do que será a programación das xornadas.

Te puede interesar