VIRALES

Canela Cafuné: "Se non tes pasta, non invirtas nisto"

canela_result
photo_camera O dúo musical.

El dúo ourensán denuncia, a través dun vídeo compartido nas súas redes, unha situación de impago cun local da cidade 

O dúo ourensán Canela Cafuné denuncia, a través dun vídeo compartido nas súas redes, a situación que viviron recentemente co restaurante "Maha Burguer" da cidade. 

Segundo explican, o local contratou un dos seus bolos para a noite do pasado sábado. Despois de aceptar a súa tarifa e variar as súas condicións, o restaurante non quixo pagarlles o prezo acordado, alegando que "as expectativas do concerto non se cumpliron". 

Canela Cafuné quere, a través desta peza audiovisual, poñer o foco de atención na falta de seriedade dos locais e no mal trato cos artistas. "Se ti contratas un servizo, asumes o risco ti. Se non tes pasta suficiente, non invirtas niso. Nós non temos a culpa", argumentan. 

Te puede interesar