VIRAL

James Rhodes responde en galego á invitación para ir ao Luar

TWW
photo_camera O novo chío de James Rhodes en galego.

O músico británico aceptou a invitación ao programa da televisión galega, aínda que terá que esperar a unha próxima visita á comunidade

O community manager do programa da TVG Luar invitou ao pianista James Rhodes a sumarse a participar no programa aproveitando o seu paso por Galicia. O músico inglés non dubidou en responder a invitación, tamén a través das redes sociais. Aínda que para sorpresa dalgúns, o fixo en galego.  

""Vir a Galicia e non pasar polo Luar é como non vir! Estás oficialmente convidado a pasar polo programa cando remates o concerto no auditorio de Galicia. Imos afinando o piano...?", rezaba o chío da conta do programa da canle galega. A resposta do artista británico non se fixo esperar: "Desexo que a miña axenda o permita. A próxima vez? Asegúrate de que o piano estea listo e esperando!"

Sen dúbida, unha forma perfecta do músico para conectar co público galego, ao que ten conquistado polas súas diferentes publicacións no noso idioma. 

Te puede interesar