VÍDEO VIRAL

¿Racismo en Galicia?: A experiencia de Sasha arrasa en Yotube

Sasha, unha 'blogger' americana conta en Youtube como a avoa da súa familia de acollida e algúns veciños de Sanxenxo fixérona sentir allea pola cor da súa pel.

"Mirábanme de arriba a abaixo". É só un dos comentarios que Sasha Marie-Marshall, unha blogueira de Estados Unidos, realiza sobre a súa experiencia en Sanxenxo na súa canle de Youtube, onde é tendencia. 

Marshall buscaba unha familia de acollida que lle permitira residir un tempo en España, e esa familia resultou ser da vila pontevedresa. Aínda que no vídeo precisa que "non se trata de España en xeral, senón de algúns individuos", Sasha relata como, aos poucos de aterrar en Galicia, a abuela da familia retrocedeu lixeiramente cando se decatou de que era unha rapaza negra.

Esa clase de detalles, sumados a outros que segundo di, fixérona chorar, fan que a blogueira anime no seu vídeo a seguir visitando España pero cara cidades como Madrid e Barcelona, e non en zonas do rural. Di que en San Xoán ninguén se achegou a falar con ela e que a súa cor de pel chamaba a atención cando baixaba á praia.

Deseguido, unha morea de reaccións encheron o seu taboleiro de Youtube, de modo que Sasha Marie-Marshall gravou outro vídeo de resposta ás reaccións.

Somos racistas?

Esa é se cadra a pregunta que se substrae do vídeo. Algúns galegos enviáronlle mensaxes de desculpas en Youtube sinalando que non se trataba de racismo, senón dun feito insólito a ollos de moitas personas, polo xeral, da terceira idade. Outros aseguran que existe certa "hipersensibilidade" en Norteamérica no que respecta ás cuestións raciais e algúns aconsellan, como ela, que visite áreas urbanas máis grandes para evitar experiencias dese tipo.

Te puede interesar