REDES SOCIAIS

A verdadeira calor de Ourense, as nosas xentes

pontevella
photo_camera Fotograma do anuncio de Ponte Vella.

O Entroido, o viño, os canóns do Sil... Un vídeo promocional que ensina ó mundo os segredos de Ourense engancha ós ourensáns en Facebook. Aínda non o viches? 

En menos de seis horas, un spot promocional no que ourensáns e ourensás se sinten idenfiticados, acadou máis de 7.000 reproducións.

O vídeo é unha iniciativa do centro comercial Ponte Vella, baixo o lema "Ourense está no centro", e a través de imaxes da nosa cidade e os recunchos máis bonitos da provincia, unha voz en off vai contando cal é a verdadeira calor de Ourense: as nosas xentes.

Magosto, Entroido, os canóns do Sil, as termas, o viño, as pontes da cidade e tódolos paisaxes que fan de Auria un lugar único son as instantáneas que recolle o vídeo, publicado no Facebook oficial do centro comercial Ponte Vella e tamén no seu canal de Youtube.

"É certo que non temos mar, pero disimulámolo bastante ben", escoitase no vídeo. E coma isto, moitas cousas máis que xa teñen atrapados ós ourensáns, que non dudaron en compartir este anuncio nas redes sociais. Que viva a calor de Ourense! 

Te puede interesar