XORNAL ESCOLAR

"5 e acción", no Filomena Dato

_img_1857_result
photo_camera Unha imaxe do acto infantil.

A biblioteca co CEIP Filomena Dato de Ourense organiza unha actividade para achegar ós seus alumnos ó mundo do cine e do teatro.

Dende o pasado mes de xaneiro e dende a biblioteca do CEIP Filomena Dato de Ourense están inmersos nun interesante proxecto denominado "5 e acción". O alumnado voluntario deste espazo do centro, coordinado pola responsable da biblioteca, Susana Godoy, busca con esta iniciativa achegar o mundo do cine e do teatro ao resto dos escolares e realizar así o "I Casting" entre todos os asistentes a actividade de teatro na escola. Pero un dos principais obxectivos desta iniciativa é desenvolver competencias comunicativas, expresión oral e o desempeño de roles, fomentar a aprendizaxe cooperativa e a toma de decisións, estimulando e favorecendo a iniciativa e autonomía dos rapaces voluntarios da biblioteca.
As fases que se sucederon dende xaneiro aparecen expostas no blog "Donlibro de paseo" e o pasado venres, estivo o actor e director Rubén Riós no colexio charlando co alumnado de 4º 5º e 6º cursos e foron testigos da curtametraxe "Adeus Edrada". Riós participou no photocall e queda pendente a realización do casting coa súa produtora "Claqueta Coqueta".

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?