XORNAL ESCOLAR

50 anos ensinando valores e educando persoas

photo_camera false

O Colexio San Pío X cumpre medio século de andaina e para conmemorar tan sinalado acontecemento organizaron un festival no Auditorio Municipal de Ourense, ao que acudiron alumnos, familias, ex alumnos e amigos do centro.

Falar do colexio San Pío X é falar de luz e colorido, de moita vida en cada espazo e de ilusión por implicarse cada curso en novos a apaixonantes proxectos. Este colexio ourensán repártese en dous edificios ben diferenciados. No principal están os despachos e todas as aulas de Educación Infantil e algunhas de Primaria, concretamente as de 1º, 2º, 3º e 4º.  No outro edificio está o salón de actos, que se comparte coa parroquia, e as aulas de 5º e 6º de Primaria. 

Son numerosos os proxectos nos que se implican cada curso, se ben hai algúns nos que xa levan anos participando, como é o caso de Prensa na Escola. 

Este ano por tratarse do 50 aniversario do centro, todas as celebracións, proxectos e actividades centráronse especialmente neste acontecemento. Así, o Auditorio de Ourense acolleu a principal actividade da conmemoración, foi o Festival do 50 aniversario, acto ao que acudiron todos os alumnos e profesores, aos que se sumaron antigos alumnos, amigos do centro e familia dos escolares. Todos xuntos compartiron actuacións de baile, lectura de poesías e unha velada marcada pola ledicia e a festa propia dunha celebración destas características.

Cabe salientar o caracter solidario deste evento, xa que os cartos recaudados coas entradas e coa fila 0 foron integramente destinados á Fundación Andrea, que tanto axudou a unha nena do centro que hai uns anos enfermou de cancro. Este tipo de actos serven tamén para concienciar aos escolares e que se impliquen en causas destas características.

A velada festiva foi fantástica e os escolares coincidiron en sinalar que este tipo de eventos resultan moi beneficiosos para romper coa rutina, compartir tempo de ocio cos compañeiros e tamén e por suposto, para colaborar cunha causa e unha fundación como é Andrea, que tanto se implica cos máis cativos da casa.

Este acto principal de aniversario do colexio San Pío X sumouse a moitas outras actividades que organizaron no propio colexio e coa que os escolares aprenderon cousas interesantes relacionadas co seu colexio ao tempo que agardaban celebrar moitos máis anos dun centro de ensino ao que o alumnado lle garda sempre moito cariño. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?