AULAS ABERTAS

A escola, o novo hábitat

considérase período de adaptación ao tempo que transcorre desde que o novo escolar chega por primeira vez á escola ata que se denvolve nela con total normalidade

A escola, o novo hábitat

Fálase do período de adaptación a aquel que transcorre desde que un neno ou nena chega por primeira vez á escola ata que xa se desenvolve nela con total normalidade. Cada vez son máis os centros de ensino que incorporan esta posibilidade conscientes do gran cambio que supón comezar a etapa escolar.

Desde o punto de vista pedagóxico consideran que este período de adaptación en moi importante polo que supón a separación dos cativos do fogar para incorporarse á escola. A actitude dos nenos ante a escola, ante as relacións sociais, os aprendizaxes ao longo de toda a etapa escolar, dicen os expertos que en certo modo vai depender de como asimilen este proceso inicial.

É necesario que a entrada na escola por primeira vez sexa o menos traumática posible e é necesaria a colaboración dos pais no período de adaptación, xa que a adaptación dos seu fillo ou filla ven determinado, en gran medida, por asumir a separación (temores, expectativas, seguridade ou inseguridade, grao de confianza, etcétera) e neste aspecto os pais xa os poden ir preparando con antelación.

A escola é unha oportunidade para crecer e madurar e este obxectivo xa se empeza a perfilar desde o primeiro día. O período de adaptación ten unha duración aproximada de dúas semanas e cada día os escolares van incrementando o tempo que pasan no centro de ensino para ir familiarizándose con este novo espazo, co material escolar, cos profesores, cos novos compañeiros e adquirir novas rutinas ou desenvolverse cada vez de forma máis autónoma na aula e no centro.

CONTIDOS
Os primeiros días de adaptación, os novos escolares aprenden a aspectos básicos do día a día, esto é necesidades corporales de aseo e hixiene (facer pipí, lavar as mans...). Tamén coñecen os obxectos e materiais da aula e as actividades e rutinas diarias. Tamén é fundamental adquirir hábitos sociais como saludar ao chegar e despedirse cada día. Son pequenas cousas que precisan duns días para levalas a cabo correctamente e o período de adaptación é ideal para esto.