CAMPAMENTOS DE VERÁN

Aberto o prazo de inscrición para o Rural Camp no entorno de Allariz

A programación escollida fomenta valores como o respecto e o compañeirismo

Fundación Ramón González Ferreiro abriu xa o prazo de inscrición para os campamentos de verán. Esta é a terceira edición do formato "Rural Camp" aínda que son moitísimos  os anos de experiencia acumulados neste sector.

Durante 7 días os rapaces e rapazas, con idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos, entran en contacto coa natureza e o mundo rural a través de xogos, actividades de lecer, música, excursións, mindfulness e obradoiros. Estas xornadas de convivencia, que terán lugar no albergue da Fundación Ramón González Ferreiro, créanse con ilusión, experiencia e co traballo acumulado na educación non formal ao longo de moitos anos. A nosa é unha proposta alternativa, educativa e lúdica que transcorre no entorno rural de Paciños,  na vila de Allariz e arredores. 

A programación escollida fomenta valores como o respecto e o compañeirismo, a igualdade, a solidariedade, a concienciación ambiental e o coñecemento da vida no rural. O obxectivo é que os/as participantes aprendan a convivir, fagan novas amizades e coñezan distintos lugares, espertando o seu espírito aventureiro e unha maior autonomía persoal ao aumentar as súas experiencias individuais e como membros dun grupo.
 Para inscribirse poden contactar en [email protected] ou no 988436182.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma