ACTIVIDADES EDUCATIVAS

Abre o prazo de inscrición para o ciclo de concertos didácticos de órgano

Os concertos serán na igrexa de San Salvador de Celanova e terán cada un deles unha duración de 50 minutos. Esta actividade está dirixida a alumnos dos últimos cursos de Primaria, Secundaria e Bacharelat

Abre o prazo de inscrición para o ciclo de concertos didácticos de órgano

Un ano máis e de forma gratuíta, os centros escolares de Galicia teñen a oportunidade de participar no ciclo anual de Concertos Didácticos de Órgano na Igrexa de San Salvador de Celanova promovido polo Concello de Celanova e patrocinado pola Secretaría Xeral de Cultura.

Este ciclo de concertos, impartido pola profesora de órgano do Conservatorio Profesional de Ourense e excepcional organista, Marisol Mendive, trátase dunha actividade única en Galicia que mestura dun xeito moi participativo, o coñecemento dos segredos dun órgano histórico coa interacción musical dos propios alumnos e alumnas co maxestoso instrumento, ó gozaren da oportunidade de interpretaren cos seus propios instrumentos varias pezas musicais acompañados polos poderosos sons do órgano.

Os concertos serán na igrexa de San Salvador de Celanova e terán cada un deles unha duración de 50 minutos. Esta actividade está dirixida a alumnos dos últimos cursos de Primaria, Secundaria e Bacharelato.

Para solicitar información desta actividade ou realizar a inscrición, pódese contactar directamente co Concello de Celanova, no 988432201/ 988431930 ou ben  en www.celanova.galcultura@celanova.gal ou en  turismo@celanova.gal.