CEIP PRINCESA DE ESPAÑA

Comprometidos contra o acoso escolar

1
photo_camera Os 17 alumnos/as de 5º A co carné de titores/as deste fabuloso programa.

O Colexio Princesa de España entrega os diplomas do programa titoría entre iguais

O programa TEI ( titoría entre iguais) é un programa de convivencia institucional que implica a toda a comunidade educativa, oriéntase a mellorar a integración escolar e a traballar por unha escola inclusiva e non violenta fomentando que as relacións entre iguais sexan máis satisfactorias. No CEIP Princesa de España de Verín entregáronse os nomeamentos de titores/as TEI ao alumnado de quinto de primaria para o curso 2.017/2.018. Previamente, estes alumnos manifestaron a súa disposición e adquiriron o compromiso de titorizar a un compañeiro/a de terceiro.

Este programa creado polo profesor e psicólogo Andrés González Bellido, é unha estratexia preventiva de participación e intervención na convivencia do centro educativo, deseñado e aplicado como medida contra a violencia e o acoso escolar, para así previr a aparición e as consecuencias dese acoso e facilitar o proceso de integración do alumnado e crear un referente (titor/a), artellando, dese xeito, unha rede de relacións entre os propios alumnos/as que propicie a convivencia entre eles e que, no caso de que xurda algún conflito, sexan quen de enfrontárense a el e solucionalo mediante o diálogo.

Destacamos os seguintes obxectivos do programa: 1. Sensibilizar a toda a comunidade educativa sobre os efectos e as causas da violencia e informar sobre as consecuencias personais, educativas e sociais. 2. Facilitar o proceso de integración de alumnos/as, cara unha educación inclusiva. 3. Crear un referente (titor/a) para favorecer a autoestima e disminuir a inseguridade. 4. Desenvolver a empatía e o compromiso individual e do grupo clase ante o sufrimento das víctimas de actos de violencia e acoso escolar e integrar a Tolerancia Cero respecto á violencia e maltrato.

O curso pasado o CEIP Princesa de España, xunto co IES Xesús Taboada Chivite, ao que están adscritos, puxeron en marcha este programa, sendo os primeiros centros da provincia en implantar este método. O colexio Princesa de España ante os bos resultados obtidos, a finais do curso pasado, coa colaboración do Concello de Verín, celebraron unha reunión cos colexios da vila para seguir a traballar nesta liña e acadar que Verín se convirta na primeira cidade TEI de Galicia.Dado que a estratexia de loitar contra o acoso escolar debe traballarse de xeito transversal en toda a educación, neste colexio de Verín entenden a estratexia do TEI ao servizo complementario do comedor escolar. Titores e titorizados comparten as mesas á hora do xantar. Con todas estas accións e coa posta en marcha do programa este curso, xa están comprometidos a totalidade dos alumnos/as de terceiro a sexto de primaria, posto que as parellas que se formaron no curso 16/17 continúan este ano entre cuarto e sexto, sumándoselles ademais, as novas parellas formadas este curso entre os alumnos/as de quinto e os alumnos/as de terceiro. Un centro educativo comprometido contra o acoso escolar.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma