XORNAL ESCOLAR

Telemiño, testigo da festa de aniversario do San Pío X

20170529211427823_result
photo_camera Los escolares de San Pío X en el plató de Telemiño.

escolares do colexio ourensán participaron no programa Xornal Escolar, presentaron o seu centro e as actividades nas que participaron neste curso tan especial, marcado polos 50 anos de andaina

Un grupo de escolares do colexio San Pío X, acompañados polo seu profesor David Rial, visitaron as instalacións de Telemiño para participar no programa Xornal Escolar. Entusiasmados e con moitas novas que compartir cos espectadores do programa, así se presentaron estes escolares que este curso están a celebrar o 50 aniversario do seu colexio.

Deste xeito, o programa arrancou co vídeo de presentación no que amosaron o festival tan especial que acolleu o Auditorio de Ourense e no que centos de escolares, amigos do centro, familiares e profesores compartiron unha gala na que os escolares deixaron ver as súas dotes artísticas.

ADIVIÑAS 

Tras a presentación do vídeo, David Rial, mestre de Plástica e de Lingua Galega e Castelá, someteuse a unha serie de probas. A primeira foi unhas adiviñas que respostou con éxito coas pistas que os escolares lle proporcionaron.

LA REGIÓN NAS AULAS

No colexio San Pío X fan habitualmente uso do xornal nas aulas. Trátase de recurrir á prensa para ler as novas, traballar con elas e deste xeito profundizar na comprensión lectora. Os escolares aprenden así dun xeito ameno e moi práctico.

RONDA DE PREGUNTAS

A ronda de preguntas é un dos momentos máis agardados polos escolares, os tres co presentadores, Xacobe Riveiro, Adrián Álvarez e Leyre Padrón, prepararon numerosas preguntas para formularlle ao seu profesor. Algunhas foron de tipo persoal, outras do centro e tamén as houbo de cultura xeral.

Cales son as datas do inicio e fin da Guerra da Independencia en España?

O inicio foi no 1808 e en España rematou sobre o 1813/14.

En que ano comezou a funcionar o colexio San Pío X?

Esta é moi fácil. Foi no 1967.

Cando soubeches que querías ser profesor?

De cativo tocaba instrumentos e xa quería ser profesor de música porque me gustaba compartir o que sabía. Estou moi orgulloso de ser profesor.

Cales son as principais institucións da Unión Europea?

Parlamento, Comisión, Consello e Tribunal de Xustiza.

Cal é o profesor que leva máis anos no centro.

Espero non equivocarme, creo que é Milagros.

Que asignatura te gustaba máis cando eras pequeno?

Lingua Galega, Castelá e Música, xa que tocaba instrumentos.

AUGA ESCOLA

Na sección AUGAEscola esta semana presentaron a segunda parte da interesante visita á estación de Bombeo de O Couto. O obxectivo é coñecer mellor que é unha EBAR (Estación de Bombeo de Auga Residual), especialmente a problemática que sucede neste tipo de instalacións por culpa do empleo desmesurado das toalliñas e demais resíduos.

É importante que todos nos concienciemos e AugaEscola convida a colaborar coa rede de saneamento residual.

ALTERNATIVA DE OCIO

Antes de despedir o programa, presentouse a alternativa de ocio. Nesta ocasión foi Sustinea, unha asociación non lucrativa que fixa o Desenvolvemento Sostible como alternativa á degradación natural e como saída ás necesidades locais.

Unha das súas iniciativas é "Eu cultivo e ti deixasme a terra", baixo esta premisa Sustinea pide a colaboración de toda a cidadania ourensá para colaborar en "Un rural para todos". Non deixedes de coñecer Sustinea e as actividades nas que están inmersos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?