HIPERACTIVOS

"Adopta unha árbore" busca implicar aos cativos no coidado da natureza

O Concello de Ourense oferta, para o primeiro trimestre de 2018, actividades para todos os públicos para poñer en valor un dos enclaves máis singulares da cidade, o Botánico de Montealegre

"Adopta unha árbore" busca implicar aos cativos no coidado da natureza

O Concello de Ourense oferta, para o primeiro trimestre de 2018, actividades para todos os públicos para poñer en valor un dos enclaves máis singulares da cidade, o Botánico de Montealegre. Haberá obradoiros de adopción de árbores, aforro enerxético, agricultura ecolóxica e uso racional da auga. Son actividades pensadas para todos os públicos coas que se pretende complementar a educación en valores, a divulgación e o respecto cara a contorna. Esta programación forma parte dos esforzos que está a realizar o Concello de Ourense para resaltar o valor do Parque de Montealegre. 

A próxima actividade infantil será o vindeiro domingo, día 18 de marzo. Nesta ocasión preséntase a segunda edición do obradoiro Adopta unha árbore, a primeira foi o domingo día 4 de marzo. Con esta actividade preténdese dar a coñecer as árbores do parque botánico mediante o acto simbólico de adoptalas. Ao facérmonos responsables implicámonos no seu coidado e no respecto pola natureza, ademais de aprender as especies presentes no parque. Na segunda sesión entregarase unha placa para colocar xunto a árbore “adoptada” e un documento acreditativo cos datos da persoa que o adopta.