HIPERACTIVOS

O alcalde visitou a Asociación Social 10% de Maristas

A asociación social 10% situada nos baixos do polideportivo de Maristas, incrementa a súa actividade con diversas actuacións

O alcalde visitou a Asociación Social 10% de Maristas

A asociación social 10% é un elemento esencial no proxecto educativo Marista. Naceu no ano 1973 para dar resposta á chamada da doctrina social da igrexa a promover a xustiza. O nome do colectivo reflicte a proposta de que cada alumnos aporte o 10% da súa paga para atender as necesidades do entorno. No Nadal, a asociación social 10% situada nos baixos do polideportivo de Maristas, incrementa a súa actividade con diversas actuacións.

Hai uns días, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, visitou os locais do 10%, esto é o almacén de alimentos, a oficina e o roupeiro. Aproveito o encontro para conversar cun grupo de escolares voluntarios de 2º de Bacharelato. Falaron das súas visitas ás casas das familias que atenden e a súa implicación en diversas actividades.