PHOTOCALL

Almorzos saludables nos centros de ensino

ALFONSO, PROFESOR.

 As últimas visitas de "Almorz@ con Beizos Brancos” foron ao CEIP Manuel Sueiro e ao colexio Padre Feijoo de Allariz.

Estudiantes de  Primaria de centros de ensino de toda Galicia están a participar este curso na actividade “Almorz@ con Beizos Brancos”, un programa organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), e Obra Social “la Caixa” que ten como obxectivo difundir fórmulas nutricionais sas entre os escolares galegos.  “Almorz@ con Beizos Brancos” fomenta o consumo de productos naturais frente a outros procesados industrialmente, buscando involucrar no só a estudantes senón tamén ás familias. Así, unha nutricionista comezará a xornada expondo diversas opcións de almorzos, doados de preparar, que inclúen productos con alto valor nutritivo e aporte enerxético axeitado ao correcto desenrolo físico e intelectual dos nenos e nenas. Despois, os escolares aprenderon os procesos polos que pasa o leite desde que se extrae das vacas ata que chega aos seus vasos, mediante unha actividade grupal lúdica.


 As últimas visitas de "Almorz@ con Beizos Brancos” foron ao CEIP Manuel Sueiro e ao colexio Padre Feijoo de Allariz.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?