XORNAL ESCOLAR

Almorzos saudables e con beizos brancos

20171205-Bei_ Marinamansa_OU (17)_result
photo_camera Os alumnos compartiron un xogo para coñecer o proceso do leite e gozaron dun almorzo completo.

AGACA e a OBRA SOCIAL "La Caixa" presentaron a actividade educativa no CEIP de Mariñamansa e percorrerán os centros de ensino de toda Galicia

Agaca e a Obra Social "La Caixa" organizan conxuntamente e un ano máis a actividade educativa "Almorz@s con Beizos Brancos". 

O CEIP Mariñamansa acolleu hai uns días esta proposta coa que se pretende ensinar aos escolares diversas opcións para almorzar dun xeito saudable e axeitado. Así, mediante un divertido xogo aprenderon como se produce e transforma o leite ata o momento xusto de ser consumido. Para reforzar as explicacións, os escolares probaron un almorzo completo e equilibrado e atenderon ás explicacións que un grupo de expertos lles proporcionou.

A actividade continuará percorrendo os centros de ensino de toda Galicia nas vindeiras datas, co fin de fomentar nos fogares os hábitos alimentarios saudables, ao tempo que se pretende pór en valor os productos do campo galego.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?