COLEXIO DE A VEIGA

Ambiente natural e san cheo de vantaxes

A VEIGA, OURENSE 14/11/2017, CIP de A Veiga, foto Gonzalo Beay
photo_camera Un grupo de escolares da Veiga, acompañados polos seus mestres.

Os nenos e nenas neste tipo de colexios do rural son unha piña, axúdanse os uns aos outros e iso é moi enriquecedor

Os colexios como o da Veiga, cun reducido número de alumnos conta con vantaxes moi importantes. Unha delas é o trato individual e familiar que reciben. Todos os escolares se coñecen moi ben e os profesores perciben claramente como aprenden uns dos outros. Aínda que contan con grupos mixtos con niveis misturados, fixan un nivel alto que lles sirva non só aos maiores senón tamén aos cativos. A comunidade educativa da Veiga considera moi importante que o colexio non perda alumnado e que a ser posible, aumente o número de matriculados. 

Respecto ao nivel que acadan os escolares, é importante desmitificar que en grupos mixtos os nenos non aprenden igual. Todo o contrario. Traballan moito en grupos e equipos e as aprendizaxes están baseadas na investigación, a experimentación e no compartir ideas e coñecementos. 

Dende A Veiga animan ás familias a apostar por estes centros de ensino, a fuxir do estrés, das presas e da masificación, para que os seus fillos e fillas vivan a experiencia de formarse nunha escola rural de verdade, nun ambiente san e natural que aporta múltiples beneficios.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?