COLE A COLE

Ambiente de seguridade e afecto

SAN CIBRAO DAS VIÑAS (EEI SANTA CRUZ). 09/03/2018. OURENSE. Reportaje para el suplemento Xornal Escolar. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera A ledicia é unha compañeira máis da clase.

A Escola de Educación Infantil Santa Cruz é como unha prolongación das casas dos escolares o que lles facilita a adquisición temprana da autonomía necesaria para moverse polo recinto escolar 

Ao carón do Polígono de San Cibrao das Viñas, xusto ao final das rúas tres e catro, atópase a Escola de Educación Infantil Santa Cruz. O espazo educativo está rodeado de zonas verdes, no medio e medio da natureza, o que lle permite a todos os que conforman este colexio ver e gozar do paso das estacións de forma directa. 

A EEI Santa Cruz conta con dúas aulas ben diferenciadas. A primeira delas é a que se emprega diariamente para impartir e recibir as clases, e a outra está destinada aos xogos, ximnasia, recreo ou actividades que requiren dun maior espazo. 

O feito de ser una "casa" favorece que os nenos e nenas a sintan como unha continuidade das súas propias casas. Todos os escolares adquiren moi pronto a autonomía necesaria para moverse polas aulas e polo recinto escolar con total seguridade. Outro dos factores salientables da EEI Santa Cruz é a convivenza na aula de escolares de diversas idades. Os maiores son un referente para os máis cativos, uns axudan aos outros e todos xuntos aprenden nun ambiente único e familiar. O contacto diario coas familias do alumnado é outro dos factores que contribúe a que no centro se respire un ambiente de seguridade e afecto.

A EEI Santa Cruz está en contacto constante con outras escolas unitarias da zona, esto acontece así coa EEI de Noalla, Taboadela e Sobeira, coas que comparten profesorado, realizan actividades conxuntas e realizan xuntos saídas extraescolares. Así, os compañeiros e compañeiras dos escolares de Santa Cruz non se reducen a esta escola, teñen amigos e amigas nos outros centros da contorna.


Globalidade


Basándose no principio de globalidade, os proxectos que realizan na EEI Santa Cruz son os mesmos para as tres idades que conflúen no centro, eso si, variando o grado de dificultade. Así, por exemplo, neste momento están a traballar o tema da alimentación, partindo dos alimentos que traen para a merenda no recreo. Falan da súa procedencia, do seu valor nutritivo e analizan a variedade dun día para outro. No caso de non variar, observan ao resto dos escolares para animarse a probar novos sabores. Neste traballo sobre a alimentación, incluiron un divertido obradoiro no que se convertiron en conciñeiros para elaborar ricas ensaladas nas que cada alumno incluiu varios ingredientes. Ademais da alimentación, trataron nesta mesma liña a importancia de realizar actividade física co fin de ter un corpo san. Neste proxecto axudáronse cos contos que teñen na biblioteca e as actividades que realizan nas PDI, esto é nas pizarras dixitais interactivas coas que contan nas dúas aulas do centro. 

O seguinte proxecto será facer un horto escolar, ahora que está a piques de comezar a primavera, para que os escolares participen de forma directa no coidado das plantas.


Importantes melloras


O ambiente familiar que se respira na EEI Santa Cruz non sería posible sen a colaboración de todos os membros da comunidade educativa. Tampouco sería o mesmo esta escola sen as melloras que o Concello de San Cibrao realizou no recinto escolar a principio de curso. Así, renovaron o parque, o areeiro e plantaron árbores, acadando así un espazo cheo de encanto do que gozan cada día os escolares. O Concello estuda ahora a implantación da atención temperá para o próximo curso 2018/2019 para así poder favorecer a concilición familiar.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma