XORNAL ESCOLAR

Análise de campo con Peonín 30

Ourense. 01/06/2018. Acción Ourense 30 de Stop Accidentes con alumnos de Cardenal Cisneros en la Avenida de la Habana.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Peonín e os seus voluntarios.

os escolares do Cardenal Cisneros proporcionaron folletos informativos a peóns e conductores que non respetaban as normas

Como continuidade ao proxecto Ourense Educa e Involucra de Stop Accidentes, o colexio Cardenal Cisneros, tras a realización de obradoiros e charlas, participaron no traballo de campo pola cidade. Para esta actividade contaron coa colaboración de Peonín 30, que acompañou aos escolares para visualizar as conductas dos peóns e dos conductores tanto no camiño escolar como no centro da cidade. Esta actividade desenvólvese dentro da acción Ourense a 30 e así, os alumnos e alumnas que participaron na iniciativa situáronse na Avenida da Habana para demandar un modelo de cidade máis amable, sen conxestións de vehículos que inundan as cidades y especialmente reducir a velocidade, factor de risco que eleva en gran medida a inseguridade vial dos peóns. 

Tras a realización do camiño escolar xunto a Peonín 30 pola Avenida da Habana. Situáronse nun semáforo onde durante aproximadamente media hora realizaron a acción da velocidade a 30. Detiveron a aqueles conductores que circulaban a maior velocidade e lles ofreceron folletos explicativos das consecuencias de superar a velocidade establecida. Tamén informaron aos que circulaban sen cinturón de seguridade ou co móbil na man. Queda moito traballo por facer, pero Peonín 30 e o seu equipo do Cardenal Cisneros deron un bo paso pola seguridade vial e a redución da contaminación.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar