XORNAL ESCOLAR

Animada conversa con Papa Noel

OURENSE (LA MOLINERA). 12/12/2017. OURENSE. Niños y niñas envían su carta a Papá Noel por conferencia de vídeo. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Foi unha experiencia sensacional a que compartiron os escolares en La Molinera (Foto: Óscar Pinal)

Escolares do coelxio Franciscanas acudiron a La Molinera para participar nunha divertida videoconferencia

Non todos os días se pode dicir que falamos con Papa Noel, pero nesta ocasión os nenos e nenas do colexio Divina Pastora "Franciscanas" si poden facer esta afirmación. Foron nenos e nenas de Educación Infantil e de Primaria os que acudiron a La Molinera para ter un encontro con Papa Noel por videoconferencia. Foi unha experiencia única, na que se misturaron a ledicia e a emoción propias de falar por primeira vez con Papa Noel.

Os escolares non perderon o tempo e ademais de coñecer curiosidades sobre Papa Noel e saber como se encontraba dada a súa lonxeva idade, aproveitaron para facer as súas peticións de agasallos para a vindeira Noiteboa. Papa Noel quixo saber tamén como se portaron estes nenos durante o ano. Antes de despedirse, desexáronse unhas boas festas.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar