photocall

Apaixonante regreso á prehistoria

Gabriela, Andrea, Carla, Alejandro, Helena y Anxo.
photo_camera Gabriela, Andrea, Carla, Alejandro, Helena y Anxo.

Durante cinco intensas semanas, todo o alumnado de 4º de Primaria do colexio San José "Josefinas" estivo inmersos nun interesante proxecto denominado "La Prehistoria"

Durante cinco intensas semanas, todo o alumnado de 4º de Primaria do colexio San José "Josefinas" estivo inmersos nun interesante proxecto denominado "La Prehistoria". Ademais de adquirir coñecementos relacionadas sobre unha das etapas da evolución humana, esta actividade foi moi froitífera á hora de favorecer o desenvolvemento de diferentes estratexias de traballo, entre elas a investigación, a selección ou a documentación, implicando tamén ás familias neste proceso.

Ao longo das sesións adicadas a este proxecto, os escolares adicaron tempo a ler e comprender os textos da prehistoria, tamén investigaron (en internet ou en libros que eles mesmos tiñan na casa), estudiaron a arte rupestre e realizaron as súas propias punturas, aprenderon cancións, etcétera. Ao final do proxecto, presentaron unha exposición con todo o aprendido que compartiron coas familias e compañeiros do colexio.

TRABALLO COOPERATIVO Este proxecto súmase a outros moitos que realizan cada curso no colexio San José "Josefinas" de Ourense. O balance deste tipo de actividades é sempre positivo: Os escolares non só adquiren os conceptos que se pretendían, senón que avanzan no traballo cooperativo, unha firme aposta deste centro de ensino ourensán. Este tipo de traballos é probablemente máis lento no inicio frente á aprendizaxe tradicional, pero o alumnado aprende dun xeito ameno e asimila e interioriza mellor, favorece a inclusión e facilita o avance de todos. Ademais a motivoción é maior e provoca que o aprendido se adquira dun xeito natural. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?