PHOTOCALL

Arriba o pano do Mestre Vide

a_result
photo_camera Algunos de los jóvenes ourensanos que se dedican al teatro.

O FITO rematou, pero o teatro non para e os presaxios en torno á súa canteira son prometedores. Un exemplo disto está no Grupo de Teatro do CEIP Mestre Vide, capitaneado por Ledicia Álvarez "Lele".

O teatro foi protagonista estes días en Ourense coa celebración dunha nova edición do FITO, Festival Internacional de Teatro de Ourense. Pola cidade pasaron diferentes compañías e as "da casa" tamén se se sumaron ao fantástico espectáculo que volveu a animar diversos recintos da cidade e, como é habitual, a rúa. 

O FITO rematou, pero o teatro non para e os presaxios en torno á súa canteira son prometedores. Un exemplo disto está no Grupo de Teatro do CEIP Mestre Vide, capitaneado por Ledicia Álvarez "Lele". Nenos e nenas, socios da Anpa, de 6 a 11 anos acoden dúas veces á semana as clases de teatro. Coa súa mestra traballan o corpo e a voz, xogos teatrais e ferramentas básicas desta disciplina artística. Lele está encantada co seu grupo do que asegura no que nota unha importante evolución en pouco tempo. Ben é certo que moitos dos escolares xa acudían a estas clases o pasado curso e ao ser tan positiva a experiencia repiten este curso.

Ademáis de gozar aprendendo, o teatro está a ser moi positivo para traballar aspectos tan importantes como falar en público, combater a timidez e, neste caso tamén, facer novos amigos. 

O alumnado de Lele xa está completamente inmerso no curso e traballan arreo para aprender moito e volver a sorprender ás súas familias ao final de curso cunha mostra na que presentarán todo o aprendido.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?