COLE A COLE

Arte privada aberta ao público

Alumnado do IES Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras, acompañados polas súas mestras.
photo_camera Alumnado do IES Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras, acompañados polas súas mestras.

O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" acolle unha selección de pinturas e esculturas que coleccionistas ourensáns teñen nas súas casas e que agora ceden para formar unha magnífica exposición

Desde o 14 de decembro e ata o 24 de febreiro, o Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación provincial de Ourense acolle a exposición de pintura e escultura "Arte privada en Ourense". Os principais xéneros artísticos en Europa ubicados cronoloxicamente desde o século XVI ao XX, esto é paisaxes, retratos, escenas costumbristas ou relixiosas conforman esta recopilación de arte privado que os coleccionistas albergaban nas súas casas e que agora, gracias a esta exposición organizada pola Deputación de Ourense, sae á luz por primeira vez para compartir cos ourensáns magníficas creacións. 

Ángeles Fernández, unha das bibliotecarias da Deputación, é a promotora desta iniciativa e é quen durante anos se encargou de investigar onde se atopaban os coleccionistas de arte que expoñen estes días os traballos. Entre as obras presentadas figuran sinturas de Bassano, Sorolla, Fortuny ou Daly, que gracias a esta iniciativa están á disposición do público.

Durante o acto de inauguración da exposición, o presidente da Deputacións de Ourense, Manuel Baltar, definiu esta mostra como a "máis ilusionante", tras albergar este espazo expositivo outras importantes mostras como "Pop.Art" ou "In Tempore Sueborum". 

"Arte privada en Ourense" é o puro reflexo do entusiasmo dos coleccionistas. A selección descobre unha gran diversidade de temperamentos porque cada unha das coleccións que contén a exposición manifesta a identidade de cada comprador. É un coleccionismo que cultiva os seus gustos persoais adaptándoos á súa economía, que non sempre pensa en arte como investimento senón como pracer e que se deleita coa contemplación de creación de artistas consagrados ou emerxentes.

A Deputación de Ourense ofrece a posibilidade de coñecer a exposición  a través de dous modelos de visitas guiadas no Centro Cultural "Marcos Valcárcel". Así, hai visitas específicas para escolares e grupos diariamente de luns a venres, previa solicitude de cita no email [email protected] ou ben chamando ao 988.317.893. Tamém se realizan visitas guiadas os sábados e domingos de balde. Neste caso son ás 12.00 horas e están abertas á participación de todos os visitantes que o desexen. Esta visita ten unha duración aproximada de 40 minutos e permite visualizar esta mostra extraordinaria desde unha nova perspectiva, coñecendo anécdotas e curiosidades dalgunha das obras que se expoñen e dos seus autores. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar