DE ACTUALIDADE

Asegurando o futuro

20170411144525649_result

O IES Vilamarín é un centro de referencia para todos os que queren formarse no mundo da hostalaría, turismo, industrias alimentarias e producións agrarias

O IES  Vilamarín está situado na localidade de Borulfe, pertencente ao Concello de Vilamarín, a 17 quilómetros de Ourense. É un centro de gran prestixio e referencia para todos os que queren formarse no mundo da Hostalaría, Turismo, Industrias Alimentarias e Producións Agrarias. Este centro de formación ten unha gran traxectoria, leva ensinando e formando a profesionais dende hai máis de 25 anos.

De esta escola saíron nomes tan coñecidos como: Guillermo González Gómez, dúas vaces campión de Baristas de Galicia, de Café & Cocktail Moon 93, en O Carballiño. Damián Seijas, gañador de varios concursos de baristas. Daniel Guzmán Cima, do restaurante Grupo Nova, estrela michelín en Ourense. Manuel Domínguez Carrete, do restaurante Lua, estrela Michelín en Madrid. Miguel González Quintela, do restaurante Gastrobar San Miguel. Martín Sousa, de confitería Mil Hojas, en Ourense. Irene Mato Cachafeiro, xefa de recepción e responsable de calidade do hotel Mogay, en Chantada. Pablo Vázquez Pereira, sumiller e xefe de sala del BlaBla, en Ferrol...

O IES Vilamarín actualmente conta con aproximadamente 289 alumnos repartidos polos diferentes ciclos formativos en horario diurno e nocturno:

En horario diurno: 
Ciclo superior de xestión de aloxamentos turísticos, ciclo superior de dirección de cociña, ciclo superior de dirección de servizos de restauración. Ciclo medio de cociña e gastronomía, ciclo medio de panadería, repostería e confitería, ciclo medio de servizos en restauración. Formación Profesional básica de cociña e restauración, formación profesional básica de agroxardanería e composicións florais. 

En horario nocturno, en oferta modular: 
Ciclo medio de cociña e gastronomía, ciclo medio de xardinaría e floraría. 
Para o vindeiro curso están a traballar para ampliar a oferta formativa, o centro vai a solicitar os seguintes ciclos: Formación profesional básica en aloxamentos e lavandaría, Ciclo medio en produción agroecolóxica, ciclo medio en servizos en restauración e oferta modular.

O punto forte da formación que se imparte no IES Vilamarín é o nivel de inserción laboral do alumnado que pasa  polo centro , sobre todo no sector de servizos de restauración e en aloxamentos turíticos.

O departamento de Orientación é o responsable de coordinar unha bolsa de emprego, na que actualmente hai 35 ofertas (acadando ao final do curso preto de medio centener nestes últimos anos), de diferentes empresas que están interesadas en contratar oa alumnado desta escola. Esta oferta faise chegar a todo o alumnado matriculado, e incluso aos que xa remataron, a través do seu propio correo,  por Facebook do IES Vilamarín, e de forma física nun taboleiro  adicado a este servizo no propio centro.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?