Augaescola presenta un interesante experimento

FotoJet_result
photo_camera Dous técnicos de Viaqua son os encargados de facer o experimento para amosarlle aos escolares, unha simulación da Rede de Distribución.

Ademais da sección de Viaqua, o programa escolar de Telemiño céntrase na educación vial e na mobilidade

O Xornal Escolar de Telemiño centra o programa desta semana na educación vial e na mobilidade. Tamén se centrará nos medios de transporte que empregan os escolares para desprazarse e do conciendados que están os nenos e mozos ourensáns co coidado do medioambiente. As cámaras de Telemiño desprazáronse ao CPI José García García de Mende onde, ademais de ser testemuños de diversas charlas organizadas polo colectivo Stop Accidentes, conversaron cos escolares que  opinaron sobre temas de interese.

Latricar

A sección “Latricar” desta semana ofrece a opinión sobre o camiño escolar. Non coñecían previamente o que é este modo de chegar ao centro, xa que eles fan uso do transporte escolar ao vivir lonxe do colexio. Un grupo de mozos e mozas da ESO comentaron tamén que aproveitan as viaxes desde as súas casas ata o colexio para durmir un pouquiño máis no autobús, xa que madrugan moito e estes son uns minutiños máis de sono que aproveitan. Tamén conversan cos compañeiros e comparten múltiples anécdotas. 

Ler o xornal

Os escolares do CPI José García García están bastante acostumados a ler en xeral e a prensa en particular. Na sección Ler o Xornal de Telemiño aproveitaron para ler as novas máis salientables do día na prensa e, como non, para comentalas e dar a súa opinión.

Augaescola

A sección que cada semana nos chega da man de Viaqua, Augaescola, incluirá esta semana un segundo experimento. Expertos de Viaqua realizaran unha simulación da Rede de Distribución. Trátase dunha proba onde se explica, dun xeito sinxelo e claro, a rede de distribución de auga potable aos usuarios. O que esta semana se pretende é que todos, adultos e nenos, saiban como chega a auga ás súas casas.

Viaqua busca así que todos e todas nos graduemos con Augaescola e que saibamos como é o funcionamento de todas as tarefas tan importantes que realizan e que aprendamos a coidar e non despilfarrar un ben tan importante como é a auga.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?