PROGRAMA TELEMIÑO

AugaEscola recolle o inicio de Aqualoxía

Ourense 28/2/18
Inicio programa aquología en el CEIP O Couto
Santiago Rodríguez,Iván Vázquez
Fotos Martiño Pinal
photo_camera Santi Rodríguez e Iván Vázquez acudiron ao CEIP O Couto para compartir cos escolares a actividade de Viaqua: Aqualoxía.

O programa de telemiño céntrase na visita de escolares ao Museo Municipal para visitar a exposición dos Suevos

Os suevos e concretamente a continuidade que tivo a dinámica evolutiva interna da sociedade galaico-romana ao longo dos séculos V e VI centran esta semana o programa Xornal Escolar de Telemiño coa visita de escolares do CEIP Irmáns Villar ao Museo Municipal de Ourense. A actividade didáctica foi un éxito e os nenos e nenas que acudiron ao espazo expositivo coincidiron o interesante que foi a visita a esta sede do proxecto educativo "In tempore sueborum".


Latricar


Ademais da visita á exposición que está a bater todos os récords, o programa inclúe unha entrevista a María Doallo, guía da visita no Museo Municipal de Ourense. Fala para o Xornal Escolar de como se implicaron os escolares na actividade e o interese que amosaron pola temática dos suevos.


Ler a prensa


Gonzalo Sánchez, profesor de Franciscanas e director dos Ecovixiantes, é o encargado esta semana de falar na sección Ler a prensa. Como colaborado do Xornal Escolar de La Región fai un repaso dos artigos que escribe para o suplemento onde a temática xira en torno á reciclaxe e ao coidado do medioambiente.


Augaescola


A sección semañan de Viaqua, AugaEscola, céntrase esta semana no proxecto Aqualoxía, que percorrerá centros de ensino cos que traballarán e profundizarán nos ciclos da auga.


Alternativa de ocio


A proposta de ocio desta semana é o completo programa de Sustinea, unha asociación non lucrativa que fixa o Desenvolvemento Sostible como alternativa á degradación natural e como saída ás necesidades locais.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar