DIABETES

De azul no Día Mundial da Diabetes

Escolares, profesores e persoal do CEIP de Seixalbo compartiron numerosas actividades relacionadas con esta doenza 

Escolares no patio con cadanseu globo azul.
Escolares no patio con cadanseu globo azul.
De azul no Día Mundial da Diabetes

Con motivo do Día Mundial da Diabetes, profesores, escolares e persoal do CEIP de Seixalbo levaron a cabo varias actividades co obxectivo de dar visibilidade a esta doenza que afecta actualmente a varios alumnos do centro de ensino.  As propostas estiveron programadas segundo a idade dos alumnos, para que todos entenderan que é a diabetes e os seus coidados diarios. Os máis cativos leron contos infantís onde o seu protagonista tiña diabetes. Pola súa banda, os maiores realizaron charlas-debate sobre o tema e murais ilustrados. 

Como broche a esta conmemoración, citouse toda a comunidade educativa do centro con globos azuis. Fixeron un gran círculo azul de persoas como símbolo indentificativo dese día e para solidarizarse cos seus "doces" compañeiros e reivindicar que os nenos con diabetes teñen necesidades específicas nos centros de ensino.