Escolares de infantil e as súas familias elaboraron un fermoso traballo con material reciclado
Os escolares de Educación Infantil do colexio Carmelitas veñen de presentar o resultado dun fantástico traballo de Nadal conxunto que elaboraron xunto ás nais, pais e avós. Trátase do seu tradicional Belén de Nadal que cada ano elaboran con material reciclado. Ademais de gozar moito desta actividade, sírvelles para concienciarse da necesidade de coidar o medio ambiente. Para a elaboración do belén empregaron vasos de iogur ou cartóns de leite, entre outros materiales que cada neno foi seleccionando nas súas casas.
Por turnos, os pais dos cativos de 3 anos encargáronse de elaborar as casiñs e as palmeiras do Belén; os familiares dos cativos de 5 anos encargáronse dos pastores, das lavandeiras e dos soldados romanos. Para rematar, os familiares dos cativos de 4 anos elaboraron os animais: cerdiños, vacas...
Tras un intenso traballo e con todo moi ben organizado, as familias e escolares disfrutaron do traballo rematado, un fantástico Belén de Nadal que estes días xa loce nas instalacións do centro. A dirección do centro e o equipo docente de Infantil están moi agradecidos polo intenso traballo que realizaron familias e alumnos.