XORNAL ESCOLAR

Beneficios da práctica deportiva

Os estudantes do CEIP albino núñez celebraron unha nova edición do Día do Deporte, unha xornada na que se lles explica novas modalidades deportivas e se anima a ser persoas activas durante todo o ano

Nenos e maiores compartiron 
unha xornada na que o deporte e os xogos foron os protagonistas no CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez.
Nenos e maiores compartiron unha xornada na que o deporte e os xogos foron os protagonistas no CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez.
Beneficios da práctica deportiva

Dende hai catro anos coa chegada do bo tempo e a piques de rematar o curso, no CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez escollen unha xornada para acoller o denominado "Día do Deporte". Esta convocatoria ten como principal obxectivo concienciar aos escolares da imporancia da práctica do deporte desde idades temperás. Os importantes beneficios que ten o deporte para a saúde xunto aos aspectos positivos que conleva a súa práctica como profundizar en valores como o compañeirismo, o respecto ou o traballo e equipo, son razóns máis que suficientes para facer que este "Día do Deporte" non fique só nunha xornada e que sexa simplemente o día de reflexión para practicar deporte o resto do ano.

Durante a xornada, todos os alumnos e alumnas do centro de ensino ourensán participaron en distintas actividades. Desde a organización procuran sempre atopar aqueles deportes máis minoritarios e diferentes aos habituais para que cada neno ou nena coñeza novas prácticas e entre tanta proposta cheguen a atopar aquela actividade que máis se axuste aos seus gustos e habilidades. Así, nesta edición profundizaron no ciclismo e trouxeron ao centro bicicletas para a súa práctica. Tamén aportaron coñeementos básicos sobre o duatlón e o triatlón, dúas modalidades deportivas que ata o momento eran grandes descoñecidas entre moitos dos escolares do Albino Núñez. 

Previamente á práctica de actividades deportivas, impartíronse unha serie de charlas, nas dúas últimas edicións do evento deportivo correron a cargo de Cofidis, que presentaron a Volta a España e falaron cos escolares sobre aspectos básicos do ciclismo, ao tempo que os convidaron a asistir ao final dunha das etapas da Volta que pasará de novo por Ourense.

Por outra banda, pero incluído no Día do Deporte, os escolares de Infantil participaron nunha proposta de xogos populares interxeneracionais. Para elo contaron no centro coa presenza dun grupo de internos e internas do Fogar residencial San Amaro que visitaron encantados aos escolares para compartir con eles aqueles xogos e divertimentos que tiñan eles de novos. Así, xogaron á corda, á carreira de sacos e a moitas outras actividades lúdicas coas que os nenos e nenas ficaron encantados.
O éxito do Día do Deporte edición tras edición asegura continuidade a este evento que xa se está a estudar a posibilidade de prolongalo durante máis días en próximas edicións.