inauguración curso escolar

Benvida con música e teatro

Fiesta inicio curso en el auditorio
13-9-17
CEIP A Ponte

A Concellería de Educación do Concello de Ourense organizou unha gran festa no Auditorio para presentar o novo curso ante 600 escolares procedentes de dez centros de ensino da cidade

O Auditorio Municipal de Ourense acolleu un ano máis o acto de inauguración do curso 2017/2018. Tratouse dunha actividade lúdico-educativa dirixida ao alumnado da cidade na que participaron 600 escolares dos cursos de 3º e 4º de Educación Primaria, de dez centros de ensino.

Deste xeito, grupos chegados desde o CEIP O Couto, o CEIP A Ponte, o CEIP Amadeo R. Barroso, CEIP Inmaculada, CEIP Manuel Sueiro, CEIP Curros Enríquez, CEIP As Mercedes, CPR Concepción Arenal, CPR San Pío X e CPR La Purísima foron os centros de ensino que compartiron a primeira das múltiples actividades que a Concellería de Educación do Concello de Ourense prepara durante todo o curso.

A festa na Sala Principal do Auditorio consistiu na posta en escena do musical “Back to the Future” no que os nenos e nenas foron os protagonistas xa que, tanto a orquesta como os bailaríns son alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música e Teatro de Ourense. O espectáculo resultou ser un éxito xa que os asistentes coincidiron en sinalar o ben que o pasaron, todo o que riron e como aplaudiron sen parar. 

A Concelleira de Educación Belén Iglesias Cortés quixo así comezar este curso dando a coñecer o traballo que se leva a cabo desde a Escola Municipal de música da cidade.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar