BIBLIOTECA COLE

A biblioteca, un espazo de aventuras

A biblioteca é para a gran familia do Padre Feijoo Zorelle un espazo dinámico onde atopar numerosos recursos e gozar de forma individual ou en equipo do prazer da lectura

Os escolares de 5º do Padre Feijoo Zorelle aportaron os seus libros preferidos para intercambiar os seus gustos como lectores.
Os escolares de 5º do Padre Feijoo Zorelle aportaron os seus libros preferidos para intercambiar os seus gustos como lectores.
A biblioteca, un espazo de aventuras

Cada semana no CPR Padre Feijoo Zorelle vívese unha aventura diferente. Profesores e escolares de todos os niveis educativos comparten actividades coas que complementan os coñecementos aprendidos na aula ou profundizan en temáticas de interese xeral. Nesta ocasión e con motivo da celebración do Día Internacional das Bibliotecas Escolares que se conmemorou  onte, alumnado do Infantil, Primaria e Secundaria do centro compartiron actividades coas que recordaron a importancia das bibliotecas nos centros de ensino. A biblioteca é para a gran familia do Padre Feijoo Zorelle un espazo dinámico onde atopar numerosos recursos e gozar de forma individual ou en equipo do prazer da lectura.

+ PREPARANDO O FESTIVAL DO LIBRO. Ademais das numerosas actividades que se sucederon durante a xornada de festa, neste centro de ensino da cidade aproveitaron para comezar coa planificación do que será o V Festival do Libro, un evento interdisciplinar e plurilingüe que este ano se celebrará entre os días 20 e 24 de abril e terá como lema "Un libro, un amigo".