cole o cole

Unha biblioteca con moita vida!

20170523103113859_result

Dende este espazo do centro artellan e colaboran en todos os proxectos que se realizan durante o curso no CEIP Julio Gurriarán Canalejas, de O Barco de Valdeorras

O CEIP Julio Gurrriarán Canalejas é un colexio público de Infantil e Primaria, defensor da escola pública e independente. Aposta pola xestión participativa de toda a comunidade escolar, baseada no pluralismo e os valores democráticos. Deste xeito fomentan que as relacións entre os membros que participen na mesma esté presidida polo diálogo, a tolerancia e o afán de superación, respectando aos demais e rexeitando calquer comportamento discriminatorio. 

Son moitas e moi variadas as actividades que organiza este centro de ensino durante o curso, e neste aspecto, a biblioteca do colexio, que pertence ao Plambe (programa de mellora de bibliotecas escolares de Galicia), acolle boa parte delas. Dende este espazo artellan e colaboran en todos os proxectos do centro, esto é animación á lectura, visitas de autores e ilustradores e sinaturas de exemplares, charlas informativas sobre temas de interese, etcétera. 

Os obxectivos prioritarios da biblioteca son a xestión deste espazo como recurso eficaz para a comunidade educativa, a dinamización de recursos para o proceso de ensinanza-aprendizaxe, esperar nos escolares o desexo de ler e fomentar o hábito lector a través de proxectos de centro e aula ou apoiar as propostas de proxectos interdisciplinares, entre outros.

O alumnado de 6º participaron este cursno no proxecto "Nutrímonos no Barco", unha iniciativa sobre hábitos e alimentación saudable. Este proxecto participa no certame de "Detectives saudables", organizado polo Sergas. Asemade, o alumnado de 6º leva a cabo o proxecto "As árbores de ribeira na contorna do río Sil ao seu paso polo Barco".

En Educación Infantil, a dinámica de traballo curricular é a través dos proxectos "Arte", "Viaxamos polos 5 Continentes", "Prehistoria", "Exipto", "A Idade Media", "Os inventos", etcétera.

Destacan tamén as seccións bilingües, nas que traballan as profesoras de Inglés en 1º, e 2º, na Área de Ciencias Naturais onde están a traballar no Proxecto “Experimentos” e “Ecosistemas”, e as Seccións de 3º e 4º, en Educación Artística.

O alumnado de 4º curso traballa no proxecto “Descubrindo O Barco”, no que visitan e coñecen moito máis sobre a súa vila.

O Centro participa tamén no Proxecto Edixgal, nos cursos de 5º e 6º. Todos os alumnos/as contan cun equipo netbook para para desenvolver a súa labor educativa.

Durante este curso, moitos destes proxectos quedaron plasmados nas páxinas de "Xornalistas na Escola", o concurso que convoca La Región, no que nós tamén participamos.

A marcha solidaria "Save the Children" foi outra das actividades nas que participamos, e tamén recibimos a exposición filatélica “El mundo de los Sellos”, organizada por Fesofi-Correos.

Salientan especialmente neste curso a celebración no centro da XX Convivencia de Infantil “Cholo e Nela 20 anos dando a nota”, unha proposta que empezou neste colexio e que xa cumpre o seu vixésimo aniversario.

Por último, non queren deixar de facerlle unha mención ás movilizacións que dende a a ANPA e o colexio se teñen feito durante moitos anos para pedir un pavillón para o alumnado e coidan que proximamente poidan ter o compromiso definitivo da súa construcción.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?