Brillantes estudantes no CEIP Mestre Vide

Isabela y Sara.
photo_camera Os estudantes explican as actividades e proxectos que elaboran na aula de altas capacidades

Na aula de altas capacidades levan a cabo actividades que os motivan e explotan ao máximo as súas capacidades

As actividades que se están a realizar xiran arredor de tres eixos: o enriquecemento lingüístico, matemático, e os proxectos de investigación. Nos tres apartados se pretende que o alumnado explote os seus potenciais dunha maneira o máis creativa posible. No primeiro céntranse no traballo da lingua, da expresión oral e da creación literaria. O segundo eixo céntrase no apartado visual-espacial, a lóxica e as matemáticas a través de enigmas, xogos típicos como o tangram, os pentominós e os sudokus e o terceiro apartado ten que ver cos intereses propios do alumnado. Escollen un tema do seu interese sobre o cal investigan e recollen información para elaborar unha pequena presentación que logo expoñen na aula. 


Esta aula tamén está presente na web do centro, onde no menú dereito da mesma, está un apartado para esta aula con recursos dos materiais que se van realizando e algunhas das actividades realizadas. Un novidoso e apaixoante proxecto no que traballan con ilusión, e moito esforzo, todos os docentes do centro educativo. O éxito deste programa é boa coordinación de todos, titores e titoras do alumnado, equipo de orientación específico, departamento de orientación, equipo directivo e as familias. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar