aulas abertas

Cardio aposta por unha vida saudable

20180122124511968_result
photo_camera Un grupo de alumnos amosa os debuxos que realizaron na aula.

Escolares de Primaria do Padre Feijoo Zorelle participaron nunha actividade didáctica baixo o lema "¡Yo puedo!"

Hai uns días, os escolares de 2º de Primaria do colexio Padre Feijoo- Zorelle da cidade, recibiron unha visita moi especial na aula. Tratábase dun novo compañeiro chamado Cardio, que non é descoñecido xa que non é a primeira vez que acude a este colexio, regresou á aula para lembrarlle os nenos e nenas como deben actuar para manter unha vida máis saudable.

Esta vez, a actividade presentouse baixo o lema “¡Yo puedo!” e mediante sinxelas accións todos os nenos e nenas xa saben como estar máis en forma e máis sas. Os cativos reflexionaron sobre as fortalezas que posúen cada un deles, aquelo que se lles da ben levar a cabo e os aspectos que deben mellorar para levar unha vida máis saudable.

Ademais, ao tempo que facían todas estas reflexión, descubriron como os ven os compañeiros a cada un deles e se levaron agradables sorpresas xa que as valoracións foron moi positivas. 

O escolares despedíronse de Cardio, pero ata un novo día, xa que agardan que estas visitas sexan máis habituais xa que aprenden moito ao tempo que se divirten con este novo amiguiño que tan bos consellos lles da sempre. Ata pronto Cardio!

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?