DE QUE SE FALA

Casas do mundo

20180612101456703_result
photo_camera Os palafitos son vivendas apoiadas nunha serie de piares que as manteñen en altura.

Percorrido polas vivendas máis chamativas e curiosas arredor da terra

A arquitectura evolucionou seguindo as necesidades da poboación; sen embargo, en moitos sitios mantívose durante moito máis tempo a arquitectura típica dunha zona, pobo ou tribu. En cada zona as casas foronw pensadas para cubrir as nosas necesidades, de acordo con moitos factores como a climatoloxía, as costumes, reunións familiares, etc. Neste artigo viaxaremos por todo o mundo para coñecer porque varían tanto unhas casas das outras e en que afectan as circunstancias externas. Faremos un percorrido polas 10 casas máis chamativas e curiosas.

1. PALAFITO.

Son vivendas apoiadas nunha serie de piares que as manteñen en altura. Normalmente podemos atopalas en zonas como lagoas, lagos… aínda que tamén se pode ver a veira do mar. Algúns países que as constrúen son Arxentina, Colombia, Chile ou Perú, entre outros.

2. IURTA.

En Asia Central coñecemos as casas que utilizaban os pobos nómades dende a Idade Media. Ten unha forma redondeada e aínda que actualmente cambiaron os materiais de construción o resto do sistema é igual. Agora a tenda está revestida cunha tea impermeable; pero, antigamente cubríase con palla ou con pezas de la. Nesta ocasión , polo seu fácil transporte, mantívose e mantense ata a fecha este tipo de vivendas para os pobos nómades.

3. WIGWAN.

Ten unha estrutura redondeada e o seu interior é diáfano. Foi utilizada por algúns pobos indíxenas no Suroeste e Oeste de Estados Unidos. A súa forma curva outorga un refuxio tanto para as temperaturas altas como baixas. Para aguantar esta forma, colócanse paus de madeira como estrutura e se cubre, xeralmente con caña, palla, xuncos ou cortizas de árbores, aínda que nalgunhas tribos utilizábanse peles de animais.

4. MALOCA.

Ten un gran tamaño xa que se trata dunha casa comunal ancestral. A constrúen e a utilizan os indíxenas do Amazonas e varía un pouco segundo a zona, a cultura e a tribo que a constrúa, aínda que xeralmente cumpren uns requisitos iguais. A estrutura faise con madeira de eucalipto, dentro dela faise todas as actividades da familia que a habitan, como cociñar, almacenar os produtos de caza e sembra ademais de convivir.

Esta é a vivenda tradicional da tribo mapuche, que habitan en Chile e Arxentina. Trátanse de casas de gran tamaño construídas unicamente con materiais naturais. O teito esta´feito xeralmente por palla. Antigamente,se querías construír unha ruca tiñas que pedir permiso ao espírito Ngen-Mapu.

6. TIPI

Un clásico das películas do oeste. Consiste nunha tenda con forma de cono cuberta por peles de animais e suxeita con paus de madeira.

7. CASAS COVA

Pódense atopar en diferentes rexións de todo o mundo, pero sobre todo foron frecuentes durante a crises do petróleo en Estados Unidos. Trátanse dunhas vivendas construídas aproveitando as formacións xeolóxicas da terra para facer grandes muros que as protexeran das temperaturas extremas. Algo parecido a facer a túa propia cova pero mantendo aspecto dunha casa normal.

8. IZBA

Vivenda tradicional rusa feita con madeira e mantendo a estrutura das granxas convencionais de Rusia. O elemento central da casa era unha estufa que podía ocupar un cuarto da superficie total.

9. MUDHIF

Esta vivenda é a casa tradicional dos Madan (árabes que viven nos pantanos do sur de Irak). Están feitas con canas tecidas. As columnas fanse con canas máis grosas e resistentes e, as máis finas empréganse para o revestimento das estruturas, as cales teñen forma de túnel. É unha casa comunal que soe estar pagada e mantida por un xeque local.

10. HANOK

Esta é a vivenda tradicional que podemos atopar en Corea. Leva moitos anos transmitíndose de xeración en xeración sen cambiar ningún dos aspectos básicos da vivenda
Dentro do país pódense diferenciar as vivendas da rexión norte e sur, xa que polo clima utilizábanse algúns materiais diferentes. Ocorría o mesmo coas distintas clases sociais. Para a súa construción utilizábase barro, vigas de madeira, tellas e cravos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar