ENTROIDO

O CEIP Castrelo do Val deseña o Cartel Oficial “Desfile Infantil” do Entroido 2018

O centro educativo recibirá un vale de 400 euros para material escolar e deportivo, a adquirir en establecementos do Concello de Verín

O CEIP Castrelo do Val deseña o Cartel Oficial “Desfile Infantil” do Entroido 2018

 O CEIP Castelo do Val deseña o cartel oficial que representará o vindeiro 'Desfile Infantil' do Entroido 2018, que percorre durante a mañá do Xoves de Comadres as rúas e prazas de Verín.

Nesta ocasión, do mesmo xeito que na anterior edición, os representantes dos centros educativos que participan no desfile decidiron, por unanimidade, que o deseño debía ser realizado polo colexio responsable da apertura do desfile,  nesta ocasión, o CEIP  de Castrelo do Val.

Tras elaborar este centro tres carteis, representantes das Garderías Pinocho e a Asociación Tres Reinos de A Gudíña; os CEIPs Rodolfo Núñez de Vilardevos, Princesa de España, Augusto Assia de A Mezquita, Colexio Rural Agrupado Monterrei, Colexio María Inmaculada, Amaro Refojo, e o IES García Barbón seleccionaron mediante votación o cartel oficial do 'Desfile Infantil' 2018.

O centro educativo recibirá un vale de 400 euros para material escolar e deportivo, a adquirir en establecementos do Concello de Verín.