XORNAL ESCOLAR

O CEIP Padre Crespo, disfrutando das novas instalacións

22.01.15.COLEGIO.XUNQUEIRA.DE.AMBIA.
photo_camera Alumnos de 2º e 3º de Educación Primaria na mesma aula.

A colaboración de toda a comunidade educativa fai posible a mellora educativa do CEIP Padre Crespo

O CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía ofrece unha gran variedade de servizos que fan posible que ano tras ano manteñan o número de alumnos no centro.

¿Cales son as prioridades do centro neste momento?

Co esforzo de todos, (profesorado, pais e nais, institucións) estamos renovando o colexio: temos novo pavimento no patio, zona de xogos para os máis pequenos, un novo corredor cuberto, renovamos a cociña, a aula de informática e estamos reformando e ampliando a biblioteca, logo de ser o único colexio da provincia ao que se lle concedeu o Plan de mellora de biblioteca escolares no curso 2013-2014. Temos proxectos pendentes, como a ampliación e renovación do perímetro do colexio, con mellores accesos, zonas verdes e un pequeno horto escolar.

Ademais dos cambios físicos do colexio que outros cambios estades a introducir?

Pedagoxicamente imos cambiando pouco a pouco cuestións de organización tratando de imitar, no posible, modelos dos países nórdicos: horarios, saídas culturais, participación en multitude de programas e actividades nas que se prioriza o traballo colaborativo, interdisciplinar, interciclos, aprender dunha maneira máis lúdica. Dende o curso pasado empezamos coas Seccións Bilingües: plástica en toda a Primaria e Coñecemento para os maiores. Tamén estamos nos Contratos Programa, para a mellora das competencias básicas (lectura, cálculo, escritura). Este curso, coma novidade, empezaremos a principios de febreiro no PROA, programa de reforzo educativo fóra do horario escolar, con transporte gratis para os cativos.

Falando de cambios temos que mencionar a innovación educativa, en que proxectos participa o centro?

Actualmente participamos en 3 plans Proxecta de innovación eductiva: Consumópolis (consumo responsable), sustentabilidade e paisaxe (intervención no contorno do colexio) e o Aliméntate ben, tentamos promover dende o colexio o deporte, os hábitos e unha alimentación saudable. Ofrecémoslle ao alumnado, dentro do noso programa, un almorzo saudable ás 11:20 h, evitando así todo tipo de bollería industrial e chucherías. Temos traballado moito na mellora dos menús, supervisados por un nutricionista, introducindo produtos ecolóxicos e unha variedade de alimentos non propia dun comedor escolar tipo.

Aos usuarios do comedor escolar gústanlle os cambios?

Os nenos están respondendo xenial, e desfrutan moito da gran variedade de pratos e das actividades entorno os menus saudables. Inculcamos a cultura gastronómica con pratos típicos de outras comundiades autónomas.

Existe coordinación entre os centros máis próximos para poder realizar actividades conxuntamente?

Colaboramos abertamente cos centros escolares da comarca, aunando esforzos e optimizando os recursos, tanto humanos coma económicos, dos que dispomos. Grazas a esta colaboración puidemos organizar o Certame Literario “Falando de Solidariedade” dende o noso centro ou puidemos contar coa presenza de varios autores e contacontos.

Que actividades se levan a cabo no CEIP Padre Crespo despois da xornada escolar?

Despois da xornada escolar no centro impartense clases de reforzo, baile, pandeireta, actividades deportivas, inglés e informática organizadas polo Concello de Xunqueira de Ambía e a Anpa do centro.

Josefina Estévez

Especialista en Educación Infantil

Titora dos alumnos de 3 e 4 anos de educación infantil. Igual que os demáis compañeiros do CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía participa no servizo do comedor escolar.

Mª Begoña Fernández

Especialista en Educación Infantil

Titora dos alumnos de 5 e 6 anos, este curso asume a titoría dos alumnos de 1ºde educación primaria e do último curso de educación infantil.

Enma Fernández

Especialista en Educación Musical

Titora de 2º e 3º de educación primaria, compaxina esta titoría con ser a encargarda do comedor e da biblioteca do centro escolar.

Susana Rodríguez

Especialista en Educación Física

Nas súas clases de educación física traballa con empeño no fomento dos hábitos saudables e coordina o deporte escolar.

María Franco

Especialista en Audición e Linguaxe

Mestra de AL, axuda aos alumnos con necesidades específicas de apoio educativo no Ceip Padre Crespo e no Ies de Allariz.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma