XORNAL ESCOLAR

No CEIP Virxe de Covadonga moven ficha

O CEIP Virxe de Covadonga sumouse á conmemoración do Día Internacional dos Dereiros dos Nenos e Nenas e recibiu neste día a visita da conselleira de Política Social, Fabiola García.

Nenos e nenas brincando no patio do colexio, minutos antes do inicio das actividades programadas no Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas.
Nenos e nenas brincando no patio do colexio, minutos antes do inicio das actividades programadas no Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas.
No CEIP Virxe de Covadonga moven ficha

 O lema foi nesta ocasión "Move Ficha! O xogo, un espazo de dereitos" e ProInfancia foi a encargada de organizar diversas actividades que comezaron cunha  proposta musical a cargo de Pablo Díaz, quen motivou a xerar un ambiente lúdico, celebrativo e estimulante que ubicou aos nenos e nenas no centro da actividade.

Ademais da animación musical, a actividade central do acto destacou por ser do máis vistosa. Os nenos e nenas colocaron no patio as pezas de tetris elaboradas por cada clase, encabezando así a marcha denominada as "pezas móbiles" do Tetris. Colocouse no centro do patio unhas pezas co lema "20Nov. O Xogo, un espazo de dereitos" e a continuación, cada clase foi encaixando as súas pezas do tetris.

Durante a presentación do acto, falouse do compromiso coa infancia, do lema escollido esta edición e da importancia do xogo en idades temperás.
Para os escolares do CEIP Virxe de Covadonga non só foi un día direrente e lúdico, senón que saben da importancia que é que se loite polos seus dereitos cada día.