"Celanovas" recopila temas de interés para os lectores

Os escolares do colexio Sagrado Corazón dividíronse en grupos e cada un fixo unha sección

Co fin de informar aos lectores das novas que lle chaman a atención ao alumnado do CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Celanova naceu a publicación denominada  "Celanovas". Trátase dun fantástico traballo xornalístico elaborado por un grupo de alumnos de 2º de ESO coa axuda do seu profesor José Manuel Adán. Con moita ilusión recibiron a noticia de que eran os gañadores da súa categoría, "é a primeira vez que acadamos un premio en grupo e eso aínda nos fai máis ilusión", comenta o director da publicación e profesor do centro de ensino da vila de Rosendo. 

Para a elaboración de "Celanovas" dividiron ao alumnado en grupos diferenciados aos que se lle asignou diferentes seccións do xornal e cada un traballou na temática que máis lle gustaba ou máis lle chamaba a atención. Para a elaboración do xornal, centráronse en temas actuais ou simplemente en aqueles que os escolares consideraban que lles podrían interesar aos lectores. Tras elaborar cada sección unificaron o traballo e o resultado foi

"Celanovas", un traballo xornalístico do que se sinten todos moi orgullosos.
O profesor José Manuel Adán sinala que o traballo, ademais de ser moi froitífero, resultou entretido e os escolares aprenderon algo tan importante como é traballar en grupo e axudarse os uns aos outros, ademais de moitas outras cousas interesantes. Trátase así dunha estupenda actividade educativa na que se aprende moito e todos o pasan moi ben.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?