CONCURSO ESCOLAR

Certame de Artes Plásticas "Cen anos da Ponte Nova"

Premiarase o mellor traballo de debuxo, maqueta, mosaico e outras formas de creatividade plástica, alusivos aos cen anos da ponte

O Concello de Ourense quere implicar a nenos e nenas da cidade a celebración dunha histórica efeméride, os 100 anos da Ponte Nova, que se cumplirán no vindeiro mes de xuño. Así, un concurso escolar de Artes Plásticas achegará a visión que teñen os nenos e nenas da cidade sobre a Ponte Nova. Poderán participar alumnos de 6º curso de Educación Infantil, así como de 6º de Educación de Primaria e 1ª da ESO, segundo as bases aprobadas a pasada semana en Xunta de Goberno Local. O prazo de inscripción está aberto ata o día 23 de maio. Con esa finalidade, a Concellería de Educación convoca un concurso escolar, no que se premiará o mellor traballo de debuxo, maqueta, mosaico e outras formas de creatividade plástica, alusivos aos cen anos da Ponte Nova.

Para estimular a participación, dótanse tres premios: un deles para 6º de Infantil que consistirá en xogos didácticos e lotes de libros para a aula do autor ou autora do traballo gañador. Para 6º de Primaria, o premio será unha viaxe durante 2 días pola ría de Muros e Noia, participando en actividades guiadas, para a totalidade de escolares da aula do autor ou autora do traballo gañador.  Para 1º da ESO será unha viaxe durante dous días pola Costa da Morte, tamén para a totalidade de alumnos e alumnas da clase da que proveña o traballo gañador.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?