XORNADAS

Cholo e Nela repartiron diversión entre os nenos

20170605130425250_result

350 escolares de infantil da comarca de Valdeorras compartiron unha estupenda xornada de convivencia

Obradoiros, xogos, concertos, un xantar ou unha gran festa foron algunhas das actividades que compartiron 350 escolares de Primaira de toda a comarca de valdeorras na XX Convivencia: "Cholo e Nela 20 anos dando a nota". Na xornada lúdica participaron tamén os escolares do CEIP Julio Gurriarán Canalejas, que xunto aos demais rapaces, familiares e profesores participaron nunha convivencia que volveu a ser todo un éxito.

Como curiosidade, este ano editaron un libro-disco denominado "Cholo e Nela 20 anos dando a nota" con música infantil orixinal en galego e as cancións de Cholo e Nela.

Ademais, todos os asistentes coincidiron en sinalar o froitíferas que son estas actividades nas que os escolares coñecen a nenos doutros centros, comparten actividades de lecer e desfrutan dunha magnífica actividade fóra das aulas.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?