COLEGIO LA PURÍSIMA

Cociñeiros de receitas de paz

Un grupo de cativos amosa os 
gorros de cociñeiros que eles 
mesmos elaboraron.
photo_camera Un grupo de cativos amosa os gorros de cociñeiros que eles mesmos elaboraron.

ESscolares de Infantil, Primaria e ESO do Colexio La Purísima elaboraron menús para adozar o mal que existe na actualidade en todo o mundo

Como vén sendo habitual, no CPR Plurilingüe La Purísima celebraron por todo o alto o Día escolar da non violencia e a paz.
As actividades prolongáronse durante unha semana, onde os alumnos de Educación Infantil, Primaria e ESO traballaron sobre o lema deste ano “Unha receita de paz” para descubrir a necesidade de cociñar un menú de paz no corazón de cada un.

Os alumnos de Infantil foron os cociñeiros da receita que os alumnos de Primaria elaboraron con tolerancia, compañeirismo e paixón. Os alumnos da ESO fixeron a sobremesa cunhas piñas de mans batidas cheas de mensaxes para adozar o mal do noso mundo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar