DE ACTUALIDADE

Colaboración académico-familiar

O CARBALLIÑO (CPR PLURILINGÜE VILA DO ARENTEIRO). 08/02/2019. OURENSE. Fotografías de alumnos y alumnas en el CPR Vila do Arenteiro, para Xornal Escolar. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera Fotografías de alumnos y alumnas en el CPR Vila do Arenteiro, para Xornal Escolar.

Profesorado e familias traballan de forma conxunta para aplicar un modelo no que o que se pretende é facer bos estudiantes e mellores persoas

Próximo ao centro urbano de Caballiño, está ubicado o CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro. Trátase dun centro educativo concertado laico aconfesional que conta con 32 anos de traxectoria e cun profesorado estable. Neste colexio apóstase por unha formación individualizada, por un clima familiar, polos idiomas, polo deporte e pola innovación educativa, importantes retos que se plantexan cada ano para proporcionarlle ao alumnado a mellor e máis completa das formacións. O modelo que empregan céntrase na colaboración académico-familiar, onde todos traballan en conxunto para facer bos estudiantes e mellores persoas. 

No tocante ás súas instalacións, dispón de grandes áreas con zonas verdes para o esparcemento dos rapaces. Tamén contan con diversos campos de fútbol e de baloncesto, ademais dun pavillón federado onde se disputan os encontros de baloncesto. 

Ademais das súas instalacións, outro dos aspectos salientables deste centro de ensino da vila do Arenteiro é o amplo horario de atención ao alumnado, co fin de conciliar a vida laboral e familiar. Unha Escola Infantil, de ámbito privado, ocupa parte do centro e ofrece a posibilidade de que os escolares non teñan que cambiar de centro dende os 0 ata os 16 anos. 

No que se refire aos servizos que dispón o centro, dispoñen de transporte e comedor escolar de xestión directa. Unha orientadora, logopeda, traballadora social e unha coidadora súmanse aos profesores para atender todas as necesidades do alumnado. As actividades extraescolares, onde destaca a natación, robótica ou bailes modernos, súmanse ás ofertas do centro que conta tamén cunha aula de espera matinal e outra pola tarde. Deste xeito, desde as 7.30 e ata as 20.00 horas, de luns a xoves; e de 7.30 a 18.00 horas, os venres, os rapaces poden permanecer no centro. 


Formación en valores


O Departamento de Orientación está involucrado na prevención das violencias domésticas e participa activamente neste senso con distintas institucións.

Dende o centro inténtase fomentar a solidariedade e o respecto polo medio ambiente, así, son particípase de distintas iniciativas como a recollida de alimentos en colaboración con Cáritas de Carballiño, de roupa en convenio con distintas ONGs, de pilas usadas xa que pertencen á rede Pilabot, na cal recentemente recolleron 353.25kg. de tapóns solidarios, en convenio coa empresa de transportes Seur.
Incentivar o uso da lingua  francesa é outro dos proxectos do centro. En 5º e 6º de Educación Primaria imparten esta nova lingua que ten continuidade en toda a secundaria. Así, manteñen intercambio de correspondencia con alumnado do colexio francés de Saint-Malo. Os rapaces están ilusionados con esta nova actividade, na que intercambian opinións propias da súa idade de tal xeito que sen darse conta potencian os contidos curriculares.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?