ACTVIDADE DO MEU COLE

Colaboración en beneficio de todos

No CEIP O Couto levan a cabo unha serie de recomendacións para facer un uso máis eficiente da auga

Non podemos, polo ben de todos, gastar máis auga da necesaria. Debemos ter en conta que cada gota importa. No CEIP O Couto recordaron os magníficos consellos, dos Bolechas, para non malgastar a auga e non contaminala: pechar a billa mentres nos enxaboamos ou lavamos os dentes, arranxar as billas que perden, poñer economizadores nas billas, non usar o váter como caldeiro de lixo, non botar lexivía nin aceite polos desaugadores, non malgastar auga ao lavar o coche e ao regar, usar xabóns e deterxentes ecolóxicos, aproveitar a auga da piscina, encher a lavadora e o lavalouzas en cada lavado, ducharse mellor que bañarse, non xogar coa auga e aforrar a auga da cisterna.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar